|
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
!
[09/08/08]
"POLA NOSA SEGURIDADE"
exercicios de adestramento en salvamento marítimo
PROGRAMA
DO ACTO:
- 9:00: inauguración polo subdelegado do Goberno en Galicia
- 9:30: homenaxe os náufragos en afundimentos na Costa
- 10:00: comezo dos exercicios de adestramento
Sábado 9 de agosto na
ría de Corcubión realizanse uns exercicios de
adestramento en salvamento marítimo enmarcados nas xornadas “Pola nosa
seguridade” nos que participarán varias embarcacións asociadas a
entidade, contando co apoio e colaboración con Salvamento Marítimo co
apoio dunha embarcación Salvamar e un helicóptero de rescate.
Os exercicios consisten en simular diferentes situacións:
- Incendio a bordo e abandono de buque
- Home
a auga
- Tratamento e evacuación dun accidentado
Colocarase no peirao un stand divulgativo con material de seguridade,
folletos, carteis, … coa fin de dar a coñecer os distintos programas e
actuacións que dende o sector pesqueiro e diferentes organismos se están
a desenrolar coa fin de mentalizar en materia preventiva aos que se
adican ó traballo no mar.
Dende ASOAR queremos
destacar a necesidade de implicar ao sector no uso dos dispositivos de
seguridade e na realización de manobras de adestramento coa fin de
evitar así, sempre na medida do posible, riscos e accidentes no mar, e
ao mesmo tempo lembrar cales son os protocolos de actuación en caso de
sinistro.
Colaboran no acto
distintas administración: Salvamento Marítimo, Consellería de Pesca, ISM,
e os Concellos da zona.
!
[05/07/08]
Axudas para mellorar a competitividade no sector pesqueiro
Publícase no BOE a ORDEN ARM/1941/2008 de 3 de xullo, pola que se adoptan
medidas urxentes para a mellora da competitividade do sector pesqueiro,
acollidas ó réxime de "minimis".
BENEFICIARIOS: armadores de buques pesqueiros de terceira e cuarta
lista.
CUANTIA AXUDAS: en base o tonelaxe da embarcación
SOLICITUDES: plazo presentación 1 MES (ata o 5 de agosto)
->
Pica aquí para ver publicación do BOE
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
!
[31/05/2008]
asamblea extraordiaria de socios en Santiago de Compostela
TEMAS A
TRATAR:
- problemática das artes das betas e dos miños
- seguridade e salvamento
- permex
- comercialización
- combustibles
!
[21/05/08]
ASOAR-ARMEGA organiza As IV Xornadas
de Limpeza na ría de Corcubión

Continuando co programa de XORNADAS LIMPANDO AS NOSAS RÍAS, coa colaboración
das Consellerías de Pesca, seguimos a limpar os fondo, é esta vez volvemos a
Corcubión, para seguir co traballo comezado.
Esperámosvos a todos este sábado 24 de maio no peirao!!!!
!
[25/02/2008]
NOVAS axudas para a modernización de buques
Vólvese abrir o prazo para solicitar axudas a modernización, onde
podemos intentar pedir balsas salvavidas, ploters e outro material, antes
do 29 de maio de 2008.
->Pica
aquí para ver a
orde 22 de abril de 2008
!
[29/04/2008]
PRESENTACIÓN DAS GUIAS DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA DE BAIXURA
->Pica
aquí para ver a
nota de prensa
A
Asociación de Armadores vai facer un acto de presentación en Santiago de
Compostela as 17:00 horas no Centro Socio-cultural de Fontiñas das citadas
guias de prevención as que poderán ter acceso poñéndose en contacto coa
Asociación (ver teléfonos)
->Información
sobre o ACTO
A finalidade do acto é
dar a coñecer públicamente (sobre todo o sector pesqueiro) as GUIAS DE
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA PESCA DE BAIXURA que publicou ASOAR-ARMEGA
(asociación de armadores de artes menores de Galicia) coa contratación
de Eva Calvo Canizás (técnico superior de prevención de riscos laborais).
O acto contará coa
participación de:
- Ernesto Rivera Calo, presidente de Asoar
- Eva Calvo, autora das guías
- Miguel Ángel López Sieiro (Secretario da
Consellería de Pesca)
- Antonio Rodríguez Arribe, do Consello Galego de Seguridade
Destacar que o obxetivo
principal é que o sector teña coñecemento das mínimas medidas de
prevención que son esixidas por lei (recollidas nas guías) co fin de
evitar o aumento da siniestralidade laboral, moi destacado este ano.
A publicación esperase
teña moi boa acollida pois foi unha iniciativa que partiu do propio
sector, en base a moita legislación que se manexa pero as veces conta
con incoherencias para o traballo no mar e outras atopanse con
contradiccións entre as diferentes Administración Públicas como son:
Cons. de Traballo, Cons. de Pesca, ISM, Capitanía Marítima…
As guías en sí están
estructuradas en 3 apartados:
- antes
de poñerse a traballar: onde se presentan unha relación de medidas
subdivididas en
§ documentación
necesaria
§ medidas
de protección nas partes básicas da embarcación: sala de máquinas, ponte
e cuberta
§ e
un check list de comprobación
- durante
o traballo: relacionanse outras medidas segundo as partes da
embarcación, pero destacanse as posturas e movementos correctos para
evitar lesión de costas.
- o
retirar do traballo
!
[25/02/2008]
NOVAS axudas de radiobaliza de home auga e chalecos salvavidas; e
radiobalizas GPS
Vólvese abrir o prazo segundo a orden FOM 1511/2006 e
orden FOM
1512/2006
para solicitar axudas de adquisición e instalación de radiobalizas de home a
auga, chalecos salvavidas e goniometros; e radiobalizas GPS que se
incorporen no buque antes do 31 de maio de 2008.
RESOLUCIÓN: Aplicable aos equipos adquiridos e instalados a bordo do
buque durante os exercicios 2006 e 2007 e os adquiridos ata o 31 de maio
de 2008.
CUANTIA DAS AXUDAS:
- Chalecos con radiobaliza:
180 € por conxunto/unidade
- Receptores de alarma: 140 €
por unidade
- Radiogoniometros: 1400 €
por unidade
- Radiobaliza (GPS) de
activación automática e manual: 1000 €
- Radiobaliza (GPS) de
activación só manual: 600 €
FINALIZACIÓN DO PRAZO: As
solicitudes presentaránse antes do 31 de Maio
->Pica
aquí para ver as ordes:
FOM 1511/2006 e
FOM 1512/2006
!
[14/02/2008]
ORDEN APA/320/2008 - regularización da flota - inscripción no rexistro de
buques
Dita orde establece o procedemento para a inclusión no censo da
flota pesqueira operativa (...) sobre a regularización e actualización de
inscripcións (...) no rexistro de buques.
APLICACIÓN: buques regularización segundo a LEY 9/2007 DE 22 DE XUNIO, e
deberán ser incluidos no Censo da Flota Pesqueira Operativa.
->Pica
aquí para ver publicación no BOE
!
[17/01/2008]
Axudas ao sector pesqueiro en réxime de mínimis.
Con data 17/01/08, DOGA nº 12, publicouse a Orde do 11 de xaneiro de 2008
pola que se establece o procedemento para solicitar as axudas temporais ao
sector pesqueiro para o mantemento da competitividade na actividade
pesqueira, acollidas ao réxime de mínimis, establecidas polo Real Decreto
1517/2007, do 16 de decembro.
Tal
é como se prevía en dito Real Decreto a contía inicial das axudas
será a que resulte de aplicar o coeficiente de 0,095 euros sobre o
volumen de litros
de
suministro de gasóleo das facturas xuntadas polo beneficiario
correspondentes ao período comprendido entre o 1 de novembro de 2004 e
31 de outubro de 2005.
As
solicitudes das axudas dirixiranse á Consellería de Pesca a través das
entidades colaboradoras (Confrarías, asociacións e organizacións do
sector pesqueiro).
O
prazo de presentación rematará o vindeiro 28 de febreiro.
->Pica
aquí para ver publicación no DOGA
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
!
[03/12/07]
Axudas o sector pesqueiro
Con data 3/12/07 publicouse no BOE o Real Decreto 1517/2007 de 16 de
novembro polo que se establece un réxime temporal de axudas ao sector
pesqueiro, para o mantemento da competitividade da actividade pesqueira,
acollidas ao réxime de mínimis.
A
contía inicial das axudas será a que resulte de aplicar o coeficiente de
0,095 euros sobre o volumen de litros
de
suministro de gasóleo reflexados nas facturas correspondentes ao período
comprendido entre o 1 de novembro de 2004 e 31 de outubro de 2005.
->
Pica aquí para ver publicación do BOE
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
!
[26/10/07]
ASOAR-ARMEGA organiza As II Xornadas
de Limpeza na ría de Camariñas
Un dos programas máis relevante de ASOAR-ARMEGA son as XORNADAS LIMPANDO AS
NOSAS RÍAS,
coa colaboración das Consellerías de Pesca e Medio Ambiente, Portos de
Galicia e outras institucións. Arrancaron coa activa
limpeza da ría de Corcubión o pasado mes de abril, e seguirán agora en
Camariñas, podendo continuar noutros puntos da costa galega.
O fin destas Xornadas é evitar o deterioro do propio medio e da súa rica
fauna e flora, que ñe o sustento de moitas familias.
->
Pica aquí para ver o recorte de prensa.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
!
[30/04/07]
ASOAR-ARMEGA ten intención de
organizar en Camariñas xornadas de limpeza
coma as de
Corcubión

A importancia do traballo realizado na ría de Corcubión anima, ós responsables
de ASOAR-ARMEGA, a extender a outros puntos da costa unha
nova xornada de "Limpando
as nosas rías".
-> Pica aquí
para ver o recorte de prensa.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
!
[19/04/2007]
ASOAR-ARMEGA organiza
xornadas de limpeza que
levan por nome: "Limpando
as nosas rías" 
O obxetivo destas labores
centrase en limpiar os fondos da ría de Corcubión.
Ademais de Asoar,
participan neste proxecto
as Consellerías de Pesca e Medioambiente, Costas e
os concellos de Cee e
Corcubión.
Estes traballos teñen como data de incio o vindeiro sábado 21.
--> Pica aquí para ver o recorte de prensa.

|