inicio

    novas

    axenda

    solicitudes

imaxes

teléfonos

     nós

enlaces

 

 @ : H : !    

 

     
BENVIDOS

            A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia -ASOAR-ARMEGA-, cuxo porto base está emplazado sobre Corcubión -surxíu fai dous anos e medio coa finalidade de defender as necesidades e os intereses dos empresarios que adican a súa actividade a pesca de baixura. O obxetivo non é outro que conseguir que estos profesionais podan levar a cabo o seu trabllo diario nas mellores condicións posibles e exercer os dereitos que legalmente lles corresponden ante as administracións públicas, así como calquera outra entidade.

          

             O colectivo, sen ánimo de lucro, xa supera os 400 afiliados, repartidos pola maioría dos portos galegos, nos cales está designado un delegado de zona, cuxa misión principal consiste en transmitir as inquietudes e os problemas que alí sufren para que a xunta xeral os coñeza e solucione. ASOAR-ARMEGA encargase ademáis de organizar e participar en foros e outros eventos para divulgar a necesidade de crear cooperativas de productores cando máis grandes mellor co obxetivo de abaratar os costes e incrementar o valor engadido dos seus productos e servicos, xunto a outra demanda do sector.

 

         

 ¡Lembrade! [ O vindeiro ano 2008 celebraránse eleccións para a Xunta Directiva ]