|
A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia -ASOAR-ARMEGA-,
cuxo porto base está emplazado sobre Corcubión -surxíu fai dous anos e
medio coa finalidade de defender as necesidades e os intereses dos
empresarios que adican a súa actividade a pesca de baixura. O obxetivo
non é outro que conseguir que estos profesionais podan levar a cabo o
seu trabllo diario nas mellores condicións posibles e exercer os
dereitos que legalmente lles corresponden ante as administracións
públicas, así como calquera outra entidade.
O colectivo, sen ánimo de lucro, xa supera os 400 afiliados, repartidos
pola maioría dos portos galegos, nos cales está designado un delegado de
zona, cuxa misión principal consiste en transmitir as inquietudes e os
problemas que alí sufren para que a xunta xeral os coñeza e solucione.
ASOAR-ARMEGA encargase ademáis de organizar e participar en foros e
outros eventos para divulgar a necesidade de crear cooperativas de
productores cando máis grandes mellor co obxetivo de abaratar os costes
e incrementar o valor engadido dos seus productos e servicos, xunto a
outra demanda do sector.
¡Lembrade!

|